O Grupo Filatélico y Numismático Val do Rosal participa nesta XXVIII Feira do Viño do Rosal tan especial cunha exposición virtual coa que se busca manter o fío e a continuidade das mostras tan representativas no mundo filatélico-vinícola coas que cada ano participan. Responsables do bosquexo e solicitude en Correos do cuño turístico do Rosal, o grupo trae nesta edición un percorrido polos distintos cuños que levan a imaxe de Galicia por todo o mundo con este artigo realizado por Alfonso Dorado Senra e Marta Verde Rodríguez.
O 27 de maio de 2014 preséntanse os primeiros cuños turísticos con motivo do Camiño Francés do Camiño de Santiago. Xunto con este tipo de anulación postal tamén saíran postais pre-franqueadas con dúas imaxes diferentes alusivas ao Camiño de Santiago, con selos personalizados adhesivos de tarifa A: xenérico do Camiño de Santiago e cinco co nome das etapas de Burgos, Carrión de los Condes, Astorga, Sarria e Santiago de Compostela.
Segudo o ‘Catálogo Cuños Turísticos Modernos de España’, de Francisco Morro Martí, o 2 de xuño de 2014 ponse en circulación o primeiro cuño na localidade de Burgos. En canto aos pertencentes a Galicia, o de Sarria ponse en circulación o 13 de xuño de 2014 e o de Santiago de Compostela o 17 de xuño do mesmo ano.
Na imaxe pode verse dous pertencentes a Galicia cos seus respectivos cartóns pre-franqueados.
O 12 de novembro, o Director da Oficina Técnica de Correos de O Rosal Ramón Rodríguez Rodríguez, puxo en circulación un novo cuño turístico, nesta ocasión para a merecidísima Vila de O Rosal. Este cuño está a disposición na Oficina de Correos para calquera que desexe levar o nome de O Rosal nos seus envíos.
O cuño componse de varias imaxes. Nos laterais, os coñecidos Muiños do Picón e Folón declarados Bens de Interés Cultural. Na parte central, o monumental Ponte do Tamuxe, cuxa vía foi de gran importancia para o paso de mercadorías, transporte e unión dos pobos de A Guarda e Tui a cal, tiña o nome de Estrada Real. Na parte superior dous acios de uvas do xa coñecidísimo Val de O Rosal cuxos viños teñen Denominación de Orixe Rías Baixas.
O bosquexo enviado a Correos é obra do socio Ángel Pérez Álvarez.
Ao longo dos cinco continentes atopamos milleiros de filatélicos. O coleccionismo da marcofilia (estudo de fechadores, marcas postais ou cuños conmemorativos, entre outros) lévanos a que, nalgúns casos, na actualidade os coleccionistas soliciten a Correos ou ás oficinas locais os cuños conmemorativos que se utilicen alí ou incluso os ordinarios utilizados pola propia oficina. Para isto o coleccionista envía unha carta á oficina de Correos onde se atopa o cuño desexado e, no seu interior, achégase unha carta informativa do que se desexa cuñar ou cun ou varios sobres ou tarxetas franqueadas a destino.
Pois ben, ata a oficina postal de O Rosal chegou a primeira carta para solicitar o cuño turístico da localidade. A sorpresa foi que, este primeiro coleccionista que solicitou o noso cuño foi de Osaka, en Xapón, e, ao mesmo tempo, o cuño do Rosal irá de volta ata alí. A primeira viaxe ata a outra punta do mundo!
Despois dese xa chegaron case un centenar do territorio español.
O 12 de decembro ponse en circulación un cuño turístico para cada capital de provincia. Na Oficina Postal da Coruña o motivo é o Faro Torre de Hércules, na de Lugo as Murallas romanas, en Ourense a Fonte das Burgas e en Pontevedra A Igrexa da Peregrina. Estes cuños tan característicos son para potenciar máis o turismo da poboación onde son emitidos e impulsar o patrimonio do lugar arredor do mundo.
Estes cuños son chamados “turísticos” pola imaxe que mostran. No deseño destaca o máis representativo da localidade onde será utilizado: monumentos históricos, edificios eclesiásticos, festas populares e gastronómicas, parques naturais, etc.
A continuación amósase os Cuños Turísticos da comunidade galega por orde de posta en circulación a partir dos anteriormente mencionados.
Oficina Postal de Tui. Presentación o 6 de xullo de 2015.
Motivo: Catedral de Tui.
A Catedral é o máximo expoñente artístico da cidade de Tui. Comezou a ser construída no ano 1200, aínda que non sería consagrada até 1225, en tempos do Rei Alfonso IX. Ten aparencia de fortificación polas súas torres almenadas. A súa estrutura claramente románica, con engadidos góticos.
Oficina Postal de A Fonsagrada. Presentación o 9 de xullo de 2015.
Motivo: Fons Sacrata.
A súa historia vira no Camiño Primitivo de Santiago. Atravesando a Vila da Fonsagrada, centro de devoción e visita obrigada á Capela de Santa María onde existía un Albergue e unha Fonte cuxo nomee (Fontem Sacra).
Oficina Postal de O Carballiño. Presentación o 14 de xullo de 2015.
Motivo: Feria do pulpo de O Carballiño.
Deu a súa orixe á celebración dunha das festas gastronómicas multitudinarias e características de Galicia.
Celébrase cada segundo domingo de agosto no Parque municipal da Vila. Goza de ser considerada desde 1969 festa de interese turístico.
Oficina Postal de Vigo. Presentación o 21 de xullo de 2015.
Motivo: Monte O Castro.
O Monte do Castro é o punto de orixe da cidade de Vigo, o lugar onde os primeiros poboadores asentáronse. Así podemos atopar restos castrexos datados do século II ao III. Hoxe en día aínda se conservan construcións pétreo.
Oficina Postal de Fisterra. Presentación o 27 de xullo de 2015.
Motivo: Faro de Fisterra.
A categoría do faro é de primeira orde, con torre de cantaría, é de base octogonal acabada en cornixa onde se apoia a adega, con lanterna poligonal, a 138 metros sobre nivel do mar e un alcance de 31 millas mariñas (57 KL).
Oficina Postal de Sanxenxo. Presentación o 27 de xullo de 2015.
Motivo: Ermita da Virxe da Lanzada.
Esta Ermida da Virxe da Lanzada é unha capela tardo románica do século XII de nave única semicircular. Existe unha lenda de fecundidade que consiste en colocar ofrendas na chamada cama da Virxe, que é unha roca.
Oficina Postal de Vilagarcía de Arousa. Presentación o 18 de agosto de 2015.
Motivo: Concello.
O nacemento da actual Vilagarcía produciuse o 1 de marzo de 1913, cando se uniron os concellos entón independentes de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía, que desde esa data foi denominado Vilagarcía de Arousa. A Casa Consistorial é do ano 1893.
Oficina Postal de Mondoñedo. Presentación o 6 de maio de 2016.
Motivo: Catedral de Mondoñedo.
Esta Vila é coñecida pola súa artística catedral, polas súas perfectas proporcións e escasa altura, coñécese como a “Catedral Arrodillada”, é un edificio de tres naves con bóveda de crucería sobre arcos apuntados.
Oficina Postal de Pedrafita do Cebreiro. Presentación o 7 de abril de 2017.
Motivo: Igrexa de Santa María a Real de O Cebreiro.
A Igrexa de Santa María a Real de O Cebreiro, (prerománica século XII) rodeada de Pallozas, é o primeiro pobo galego do Camiño Francés, parroquia do municipio de Piedrafita de O Cebreiro, Lugo.
Oficina Postal de Lugo. Presentación o 21 de xullo de 2017.
Motivo: Camiño Primitivo. Porta de Santiago.
Porta de Santiago da Muralla de Lugo. Xa existía en épocas Romana, as súas dimensións foron reformadas para carruaxes, decorouse cunha hornacina coa imaxe de Santiago e o Escudo de armas do Bispo Izquierdo.
Oficina Postal de Cangas do Morrazo. Presentación o 12 de decembro de 2018.
Motivo: Cruceiro de Hío, Colexiata, Fonte de Santiago e Facho de Donón.
Esta Vila mariñeira situada nas Rías Baixas posúe diferentes monumentos, como o Cruceiro de Hío, é un monumento escultórico considerado como o mellor de Galicia. A Colexiata do século XVI. O Facho de Donón é unha garita de vixilancia circular en pedra do século XVII aínda que a súa base foi un antigo faro medieval.
* Información obtida:
– da páxina de Facebook de Correos.
– do ‘Catálogo Matasellos Turísticos Modernos de España’ de Francisco Morro Martí (información das datas de posta en circulación).
– da páxina web correos.es (imaxes dos cuños turísticos)
De Pedro Luis Menchén Fernández-Pacheco (Madrid)